Mancomún

OmegaT, outra alternativa como ferramenta para traducir software

Luns, 30 Marzo 2009

http://upload.wikimedia.org/wikipedia/en/3/3a/Omega128.pngOmegaT é unha ferramenta de memoria de tradución libre escrita en Java, o que a dota de capacidades multiplataforma. Segundo se indica na súa páxina web, a ferramenta está pensada para ser usada por profesionais. Algunhas das súas características principais son:

  • Coincidencias parciais ou dubidosas.
  • Propagación de coincidencias.
  • Procesado simultáneo de proxectos con múltiples ficheiros.
  • Uso simultáneo de múltiples memorias de tradución. 
  • Glosarios externos.
  • Formato de ficheiros: XHTML, HTML, StarOffice/OpenOffice.org, OpenDocument, XLIFF, MediaWiki, só texto, calquera ficheiro de texto que soporte Java, Office Open XML, ficheiros DocBook, ficheiros PO.
  • Compatíbel con UTF-8: pode usarse con alfabetos non latinos
  • Compatíbel con idiomas RTL (escritura de dereita a esquerda)
  • Compatíbel con outras aplicacións de memorias de tradución (TMX)
OmegaT permite exportar e importar ao formato intermedio estándar TMX (Translation Memory eXchange). Os ficheiros de glosario do OmegaT son ficheiros de texto delimitados mediante tabulacións co termo fonte na primeira columna, o texto traducido na segunda columna e unha terceira columna que se pode usar para o que se desexe, como por exemplo para insertar comentarios. OmegaT ignora calquera columna adicional e non admite o formato estándar TBX proposto por LISA

Actualmente para descargar OmegaT hai varias opcións:

  • A última versión estábel que é a 1.8.1 
  • A versión de desenvolvemento da rama 2.0.1 (aínda en fase Beta).
  • A versión 1.7.3 (obsoleta pero ampliamente usada).

Todas estas versións pódense descargar con/sen a máquina virtual de Java (JRE), necesaria por outro lado para o seu funcionamento.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal