Novo obradoiro de programación orientada a obxectos con Python e Vala

Martes, 10 Xuño 2014

GALPon organiza un 2º obradoiro adicado á “Programación orientada a obxectos con Python e Vala” dentro do seu ciclo de Sábados Libres na Altamar. O obradoiro celebrarase nas instalación das Residencia Altamar o vindeiro sábado 28 de xuño de 10:00 a 14:00 e de 16.00 a 18.30 horas.

Banner do obradoiro

Este segundo obradoiro é continuación do obradoiro de introdución impartido o pasado mes de maio, e será dirixido tamén por Sergio Costas (aka rastersoft). Esta segunda sesión será eminentemente práctica. Presentáranse algúns casos prácticos, de mais sinxelo a máis complexo, e os asistentes deberán realizar a programación correspondente a cada caso.
Desenvolveranse as seguintes propostas:

  • Xanela que presente os distintos tipos de apagado duns sistema e aplique a acción seleccionada
    • Apagar
    • Saír da sesión
    • Hibernar
    • Suspender
    • Cancelar
    • Aplicar/Confirmar (a acción)
  • Xanela para obter os datos de filiación dunha persoa
    • Nome / Apelidos
    • DNI (contemplar outros tipos de documento)
    • Enderezo postal
    • Enderezo electrónico
    • Teléfono
    • Campo de «Notas»
  • Aplicar, sobre a base anterior os seguintes cambios
    • Xerar campos duplicados a fin de poder gardar datos correspondentes a actividade profesional, tales como enderezo, teléfono, etc… do centro de traballo.
    • Xerar unha xanela que permita extraer a ficha dunha persoa segundo un dato coñecido (vinculado á práctica anterior)

Rematadas as prácticas anteriores farase unha iniciación a «Gettext_izar» en Python e Python+Glade (aplicar métodos de ”i18n” e ”l10n” para facer traducible o programa/script), punto que será dirixido por Miguel Anxo Bouzada, membro de Proxecto Trasno.

Dende a organización indican aos asistentes que deberán levar instalado no seu sistema o seguinte:

  • PyGtk, Glade, Python *, GNU gettext, Gtk+ *, Libglade *, intltool

Na mesma dinámica de sempre, a asistencia ao obradoiro é totalmente gratuíta, mais ao contar con prazas limitadas pola complexidade e polo aforo limitado, concretamente 24 prazas, é obrigatorio cubrir o formulario de inscrición.

Podedes consultar máis detalle no wiki de actividades de GALPon ou a través do evento en Google+.

Esta actividade, así como o ciclo de Sábados Libres na Altamar, forma parte das actividades que GALPon realiza ao abeiro do convenio de colaboración asinado coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), e incluídas no Plan de Acción de Software Libre 2014 da Xunta de Galicia.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal