Mancomún

Novos cursos da Área de Novas Tecnoloxías de Caixanova para os meses de abril e maio

Venres, 25 Abril 2008

A Área de Novas Tecnoloxías de Caixanova xa abriu o prazo de inscrición para asistir aos novos cursos que organizan.

Nesta ocasión, os programas inclúen, dentro dos cursos de Software Libre, cursos de programación web en PHP, OpenOffice.org e introdución a Linux. Outros cursos abarcan a fotografía dixital básica, retoque dixital avanzado e cursos de creación de webs. As actividades impartiranse durante os meses de abril e maio no Centro Social Caixanova de Vigo. Nas distintas sucursais de Caixanova están a disposición os folletos explicativos e boletíns de inscrición para as persoas interesadas.
Os horarios dos distintos cursos son os seguintes:

  • Programación Web PHP:
    Do 21 ao 25 de abril de 20.00 a 22.00 horas de introdución á linguaxe de programación web máis popular a través de exercicios prácticos sinxelos.
  • Introdución a Linux:
    Do 14 ao 18 de abril e do 12 ao 16 de maio en horario de 20 a 22 horas
  • Curso de OpenOffice.org:
    Do 21 ao 25 de abril e do 19 ao 23 de maio en horario de 20 a 22 horas.
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal