Durante estes meses de verán a Rede de Dinamización tampouco parará de impartir cursos de formación de Software Libre. Desde a súa páxina web pódense ver todos os cursos que ofertarán e dos cales destacamos dous de recente incorporación:
- Curso de GIMP (edición e retoque fotográfico) no concello de Cuntis
- Curso de OpenOffice.org Writer no concello de Pontevedra .
Ademais, acábase de estrear un novo centro da Rede coa incorporación do centro de Monte Porreiro que se puxo en marcha onte e que conta coa tecnoloxía máis avanzada e con software libre para desenvolver todo tipo de actividades relacionadas coa formación nas novas tecnoloxías. O equipamento está composto por 10 ordenadores para os usuarios, 1 cámara fotográfica dixital, 1 retroproxector, 1 impresora láser, 1 impresora a cor, 1 escáner, webcams e lectores de DNI…
