Mancomún

O paquete de idioma galego para o Firefox 3 xa está en addons.mozilla.org

Venres, 27 Xuño 2008

http://www.mancomun.org/images/firefox3/firefox1.pnghttp://www.mancomun.org/images/firefox3/thunderbird1.png

Trala publicación nesta web do paquete de idioma galego para o Firefox 3.0, agora este paquete atópase dispoñible desde a páxina oficial de complementos de Mozilla (http://addons.mozilla.org) desde a seguinte ligazón:

Recomendamos instalar a versión de addons.mozilla.org xa que deste xeito cando haxa actualicazións e/ou se corrixan erros na tradución, o Firefox detectará automaticamente as novas versións o que vos axudará a mantervos actualizados coa última versión.

Así mesmo recordar que tamén temos dispoñible o corrector de idioma galego para o Firefox e Thunderbird, tamén en addons.mozilla.org e que a última versión do mesmo está optimizada para Firefox 3 (*):

Tamén recordamos a ligazón do complemento coa tradución ao galego para o Thunderbird:

[NOTA PARA USUARIOS DE FIREFOX 2]
Para aqueles usuarios que non decidiran aínda actualizar, e seguen a empregar Firefox 2, deberán instalar unha versión compatible co seu navegador desde a seguinte ligazón:

(*) Se eres usuario de Firefox 2 recomandos a instalación do corrector co número de versión 1.1

Para calquera dúbida, escribide a galician@mozdev.org

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal