O Departamento de Electrónica e Computación da USC vén de publicar dúas ofertas de emprego para a Oficina de Software Libre da USC:
No mes de xullo bótase a andar, en base a un convenio entre a USC e a Consellería de Innovación e Industria, a Oficina de Software Libre da USC. Para facerse cargo da mesma, precísanse dúas persoas a tempo completo, unha como coordinador e outra como técnico, con experiencia no mundo do Software Libre.
PERFÍS:
- Coordinador. Capacidade e experiencia demostrable en xestión de recursos e organización de actividades de formación e difusión no ámbito de Software Libre.
- Técnico. Capacidade e experiencia demostrable en soporte técnico para a organización de actividades de formación e difusión no ámbito de software libre e experiencia no desenvolvemento e mantemento de portais web.
FORMA DE CONTRATACIÓN. No caso do coordinador será un contrato e no caso do técnico será unha bolsa.
DURACIÓN. Desde xullo de 2008 ata decembro de 2009.
SOLDO APROXIMADO. 1733 euros brutos/mes, no caso do coordinador, e 1200 euros brutos/mes, para o bolseiro.
LUGAR DE TRABALLO. En Santiago de Compostela, no Campus Sur da USC.
SELECCIÓN DE CANDIDATOS. Os/as interesados/as deben enviar o seu Curriculum Vitae e expediente académico detallado ao enderezo electrónico atic.software@usc.es. A data límite para a recepción de solicitudes é o 4 de xullo de 2008.
Oferta enviada á rolda de ofertas de emprego de Mancomún:
http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/ofertas_emprego_software_libre
