Este xogo ben se pode considerar unha alternativa ao Crayon Physics que tamén usa o mesmo motor de físicas.
Ademais, Numpty Physics inclúe un editor que che permite crear os teus propios niveis. O editor consta dunha paleta de cores, ademais de diversas ferramentas de trazado (para debuxo de obxectos activos, inactivos ata que non entren en contacto cun obxecto activo e decoración do escenario). Os niveis editados poden ser posteriormente gardados e mesmo enviados por correo electrónico aos desenvolvedores do proxecto.
Para aqueles que acaben os niveis predefinidos que trae o xogo, desde a páxina do proxecto tamén se pode atopar un conxunto de novos niveis feitos polos usuarios.
O xogo conta ademais cuns requirimentos mínimos de hardware que fan que funcione en dispositivos móbiles. Grazas a isto, pódense atopar descargas para as seguintes plataformas:
- Maemo OS2008
- Maemo OS2008 (770)
- Ubuntu 32/64 bits
- RPM
- Windows
- Mac OS X Intel
- FreeBSD
- OpenSolaris
- Windows Mobile
Captura de pantalla do Numpty Physics:
Páxina do proxecto:
http://numptyphysics.garage.maemo.org/
