Mancomún

O Servizo Postal de Estados Unidos migra a software libre

Martes, 14 Xullo 2009

USPSO servizo Postal de Estados Unidos (USPS) actualizou o seu sistema de tracking (TPS) migrando a unha nova plataforma baseada en software libre. O sistema orixinal, que contaba xa con 15 anos de antigüidade, foi actualizado co propósito de poder manexar máis transaccións e baixar os custos de operación do sistema. Así, os anteriores sistemas Cobol están sendo substituídos por plataformas Linux e outras tecnoloxías de código aberto.

John Byrne, o xerente de desenvolvemento de aplicativos en USPS asegurou que “queremos sacar vantaxe de Linux e do código aberto, e crecer sen ter que pagar máis custos de software. Así que comezamos o noso camiño cara a Linux”.

A migración, que comezou o verán pasado e que se concretou a principios deste ano, é parte dun plan a longo prazo para migrar todos os seus sistemas a Linux. Aínda que se atoparon algúns problemas, fóronse solucionando co apoio das distintas empresas coas que traballan na migración, principalmente IBM.
Cobol

Un dos grandes desafíos neste tipo de operacións é non perder todo o investimento realizado no desenvolvemento de aplicativos. En sistemas que levan anos operando é común atopar o uso de Cobol, unha linguaxe que tiña a intención de parecerse á forma en que a xente se expresa, pero que a ollos de hoxe non parece tan boa idea.

O que fixeron en USPS foi utilizar un compilador de Cobol para Linux, de Micro Focus. Este é capaz de tomar o código Cobol creado fai anos para compilalo e executalo en sistemas Linux.

Fonte: FayerWayer

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal