Mancomún

O creador de Postfix (Wietse Venema) e Creative Commons premiados pola FSF

Xoves, 26 Marzo 2009

http://www.mancomun.org/images/stories/fsf.png A Free Software Foundation (FSF) anunciou os gañadores dos premios ao software libre correspondentes ao ano 2008. Este anuncio foi feito durante a “GNU/Linux conference LibrePlanet” que tivo lugar o 21 e 22 deste mes no “Harvard Science Center” en Cambridge.

O premio recibido por Creative Commons foi o de mellor proxecto en prol do beneficio público no entanto que Wietse Venema, foi o gañador en promoción do software libre. Este alemán foi o creador de Postfix , entre outras moitas cousas.

Segundo as súas palabras: “Na miña experiencia, o software libre representa unha oportunidade tremenda de contribuír á sociedade, por parte tanto de individuos  coma de organizacións. Estou moi agradecido polas oportunidades que tiven nos pasados 20 anos, e estou orgulloso de que tanta xente tivera usado o meu software.”

Venema únese á unha larga lista de distinguidos gañadores como foron

  • 2007 Harald Welte
  • 2006 Ted Ts’o
  • 2005 Andrew Tridgell
  • 2004 Theo de Raadt
  • 2003 Alan Cox
  • 2002 Lawrence Lessig
  • 2001 Guido van Rossum
  • 2000 Brian Paul
  • 1999 Miguel de Icaza
  • 1998 Larry Wall

Fonte:
http://www.fsf.org/news/2008_free_software_awards

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal