O Ministerio de Telecomunicacións e Sociedade da Información presentou recentemente o CP6Linux, unha distribución GNU/Linux traducida ao serbio e baseada en Debian e Ubuntu. A localización desta distribución foi realizada pola Escola de Enxeñería Eléctrica da Universidade de Belgrado. O seu nome, “срб-линукс”, significa “Linux Serbio” en cirílico.
Este é o proxecto máis recente de toda unha serie de traballos de localización iniciados e financiados polo ministerio co propósito de incrementar o número de aplicacións con código aberto dispoñibles na lingua do país. As tres edicións de Cp6Linux, desenvolvidas para o ámbito doméstico, empresarial e educacional, están dispoñibles tanto en latín como en latín como en cirílico.
O equipo de localización explicou tamén que a tradución de Software Libre ao serbio pode facer máis accesible á sociedade serbia o uso de aplicacións libres. A este respecto, o Ministerio de Telecomunicacións e Sociedade da Información está pensando na migración integral dos seus computadores a Cp6Linux e Alfresco.
Fonte: IDABC
