Mancomún

Disponible nova actualización da suite Seamonkey 1.1.11

Xoves, 17 Xullo 2008

seamonkeyAtópase dispoñible unha nova versión estable do sucesor da suite Mozilla: Seamonkey, versión de mantemento nas que se corrixen bugs relacionados coa seguridade do proxecto. Trátase concretamente da versión 1.1.11, sucesora da primeira versión final e estable do proxecto, posta a disposición do público no ano 2006.

SeaMonkey é unha suite de Internet conformada por un navegador web, cliente de correo electrónico, libreta de contactos, editor de páxinas web (Composer) e un cliente de IRC (ChatZilla). En esencia, é un proxecto que continúa o desenvolvemento de Mozilla Application Suite, sendo o desenvolvemento realizado e controlado enteiramente polo súa comunidad de desenvolvedores e usuarios a través de The SeaMonkey Council, despois de que a Fundación Mozilla anunciase que se centraría exclusivamente ás aplicacións independentes de Firefox e Thunderbird.

Máis información

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal