Mancomún

A Unión Europea promove a mellora da calidade dos códigos abertos coa plataforma Alitheia Core

Xoves, 17 Xullo 2008
alitheia O proxecto de investigación financiado pola Unión Europea o Observatorio de Calidade de Software Libre (SQO-OSS) fixo pública recentemente a plataforma Alitheia Core para o control de calidade de software. O desenvolvemento desta aplicación é o principal obxectivo deste proxecto, creado por un consorcio de dúas universidades e varias empresas de software.
 
No sitio web do proxecto está xa accesible unha primeira versión deste software, que pode ser analizado a través dunha demo. Nesta demostración están introducidos datos de proxectos de código aberto, como son o editor de textos Abiword, a aplicación de animación 3D Blender e Doxygen, así como documentación básica sobre linguaxes de programación.

Segundo informou o consorcio SQO-OSS, “a medida que Alitheia Core vaia madurando será posible que os proxectos de software despreguen o sistema por si mesmos de xeito que poidan controlar o seu propio código de calidade”.

Alitheia Core pode analizar automaticamente proxectos de código aberto, pola cantidade de código e algunhas das súas características, como pode ser a utilización de clases e métodos e o seu número.

O consorcio agarda que a aplicación axudará aos desenvolvedores de Software Libre en Europa a mellorar o seu traballo. “Débese eliminar unha das principais barreiras para o acceso ao código libre mediante a achega de ferramentas que proben a súa calidade”.

O proxecto está creado poña Universidade de Atenas de Económicas e Empresariais, a Universidade Aristóteles de Thessalniki, a compañía sueca de software Klarälvdalens Datakonsult, a organización sen ánimo de lucro KDE, a empresa alemana de desenvolvemento de software ProSyst Software e a británica de servizos de novas tecnoloxías Sirius.

Fonte: IDABC

 

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal