Postgres-R é unha extensión ao sistema relacional de bases de datos Postgres, que prové ao mesmo dunha maior eficiencia, velocidade, seguridade e consistencia na replicacións de bases de datos en clústers. Postgres-R está deseñado para ser o máis transparente posible para o cliente.
O uso primario de Postgres-R é construír sistemas de bases de datos de alta dispoñibilidade e con balanceo de carga usando hardware común. Comparado con sistemas de bases de datos dun só nó, un clúster Postgres-R é moito máis fiable e escala moito mellor, ademais de ser moito máis barato e máis flexible…
En sistemas con bases de datos replicadas e sincronizadas, as consultas de só lectura son facilmente balanceadas a través dos nós do sistema e, grazas á súa integración co xestor de bases de datos, Posgres-R tamén manexa rapidamente as consultas de escritura.
Descarga de Postgres-R:
Para instalar Postres-R primeiro hai que baixar a versión de código fonte de Postgres mediante CVS (rama HEAD), tal e como se indica no seguinte manual: “the Postgres manual” e despois aplicar o parche de Postgres-R da seguinte ligazón:
| snapshot 2008-07-14 | 88 kb | postgres-r-20080714.diff.bz2 |
Despe a páxina do proxecto tamén ofrecen un LiveCD para descarga mais este leva sen actualizar máis de dous anos.
Máis información na páxina de Postgres-R: http://postgres-r.org

