A próxima versión 3.1 de Firefox incluirá un novo motor de execución de [[JavaScript]] que permitirá acelerar a interpretación deste tipo de código de forma dramática. O motor actual, SpiderMonkey, está a ser mellorado, e moito. As aplicacións web actuais adoitan sufrir neste apartado, posto que os navegadores tardan en interpretar Javascript máis do desexable, e o futuro Firefox podería resolver o problema ao fin.
O equipo de Ars Technica comentou os avances con dous dos máximos responsables de Mozilla Foundation, Mike Shaver e Brendan Eich, que afirmaron que “Firefox está preparado para levar o rendemento JavaScript ao seguinte nivel”. A tecnoloxía utilizada, chamada “tracing“, permite melloras de rendemento que permiten executar este tipo de código entre 20 e 40 veces máis rápido.

