Obxectivos estratéxicos de KDE

Luns, 23 Setembro 2019

Na pasada Akademy 2019 fixéronse públicos os obxectivos que KDE fixa a dous anos vista.
Cada 2 anos a comunidade KDE propón obxectivos que posteriormente son escollidos por votación e os 3 máis votados establécense como os principais.
Neste bienio os obxectivos escollidos foron: a adaptación a Wayland, mellorar a consistencia de comportamento de todo o software e a modernización das plataformas coas que os desenvolvedores das aplicacións se comunican cos usuarios, as empaquetan, etc.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal