Seminario sobre “Clusters de Alta Dispoñibilidade para Servidores GNU/Linux” no CNTG

Martes, 24 Setembro 2019

O Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia (CNTG) organiza o próximo 26 de Setembro de 2019, de 9:30 a 13:30 horas, un seminario sobre Clusters de Alta Dispoñibilidade para Servidores GNU/Linux.

O seminario ten por obxectivo presentar Clústers de Alta Dispoñibilidade en servidores GNU/Linux, abordando as necesidades a nivel de hardware e configuracións de software para a creación dos clústers Activo/Pasivo, Activo/Activo, con Pacemaker como xestor de Clústers.

Abordaranse configuracións para servizos (Apache, Tomcat, NFS, Mysql), sobre tecnoloxías de almacenamento centralizado como ISCSI, NFS, DRBD, GFS2.

Tamén abordarase toda a xestión do clúster, desde iniciar e parar recursos, migrar recursos de nodos, backup e restore da configuración do noso clúster.

Público obxectivo

A xornada vai dirixida especialmente a técnicos informáticos, desenvolvedores e directores técnicos que desexen aprender sobre a tecnoloxía GNU/Linux e a súa potencialidade e beneficios.

Temario

Cluster, conceptos básicos.
• Alta dispoñibilidade
• Pacemaker como xestor de clustering HA
• Pcsd / Pacemaker / Corosync
• Instalación e configuración e xestión de Pcsd / Pacemaker / Corosync
• Fence/STONITH
• Almacenamento: SAN, NAS, DAS, DRBD. Comparación
• Xestión de servizos en cluster, NFS, Tomcat, Apache, Mysql
• Equilibrador de Apache, haproxy
• Balanceadores para entornos Docker / Swarm / Kubernetes

Inscrición

O acceso ao seminario, previa inscrición a través do portal web do CNTG, é gratuíto e condicionado ao aforo do local (232 prazas).

O acceso para aquelas persoas non rexistradas estará condicionado á existencia de prazas libres o día de celebración do evento.

O período de inscrición remata o 25/09/2019.

Máis información

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal