A Rede de Dinamización da Sociedade da Información está celebrando un curso de formación en base de datos de 40 horas de duración.
O curso desenvolverase até o próximo día 30 durante os martes, mércores, xoves e venres de 10.00 a 13.00 horas.
O lugar de celebración do mesmo será o Baixo da Biblioteca Pública Municipal, situada na Praza Rafael Dieste…
O curso, aberto ao público en xeral, tivo unha grande demanda e as súas prazas xa se atopan cubertas na totalidade.
