Un grupo de estudantes da Universidade Complutense de Madrid desenvolveu a extensión FVE para DotProject. FVE é un módulo adicional para o sistema libre e de código aberto dotProject, o xestor de proxectos con interface web, e que introduce numerosas melloras. A extensión incorpora un asistente para a importación de definicións de proxectos (OpenUP, Scrum, XP e algún outro); a xestión de control de versións con Subversion (dotproject só permite etiquetar a man os ficheiros); o concepto de rol como responsable de tarefas; e a posibilidade de definir dependencias de tipo produce/consome entre tarefas e produtos do proceso de desenvolvemento.
O software distribúese baixo GPLv3 e pódese descargar en SourceForge. Os desenvolvedores habilitaron un sitio web no que está dispoñible o manual de instalación e de uso da extensión, as demos ou o wiki da extensión, entre outras cousas.
