Mancomún

Resolvendo Sudokus con Software Libre

Martes, 8 Xullo 2008
sudokusSudoku-Savant é unha aplicación para solucionar e xerar quebracabezas Sudokus de xeito lóxico e con formatos de táboa de 3×3 , 5×6 ou 6×5 celas.

A aplicación funciona proporcionando paso a paso a solución de calquera quebracabezas Sudoku que poida atoparse nun xornal ou revista. Ademais, Savant recurre ao método do “ensaio-erro” para actuar cando se lle presenta unha opción realmente complexa.

As estratexias avanzadas da aplicación poden ser parametrizadas ou, simplemente, apagadas para aqueles que desexen opcións máis sinxelas A este respecto, Savant tamén permite resolver a man os quebracabezas, achegando consellos, coloración de celas, marcas de lapis por celas ou a capacidade de introducir indicacións lumínicas cos movementos incorrectos.

Un quebracabezas incompleto pode ser gardado en en formato simple de texto para que poida continuarse máis tarde coa súa solución.

Máis información

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal