Preto de 52 millóns de nenos brasileiros empregarán Linux en horario escolar, grazas a iniciativa impulsada polo Ministerio de Educación de Brasil (MEC) para a instalación desta distribución nos laboratorios do país. Con este plan a entidade gobernamental márcase como obxectivo para este ano “un computador por alumno” e a instalación de 150.000 ordenadores con KDE e Linux. O Linux Educacional 2.0 está baseado en Debian e inclúea KDE 3,5, KDE-Edu, KDE-Games e algunhas ferramentas de desenvolvemento. Ademais incorpora un novo lanzador de aplicacións que está situado na parte superior do escritorio de KDE, semellante ao AWN (Avant Window Navigator) , tamén usado polo gOS desktop .
Espérase que 29.000 laboratorios especiais cun servidor e 7 estacións de traballo estean listas para este ano, ás que se engadirán 53.000 máis para antes de final do vindeiro ano.
Con esta iniciativa o goberno brasileiro continúa a apostar decididamente pola implantación do Software Libre.
O MEC mantén unha páxina sobre esta distribución de Linux e o contido educacional para o mesmo, nesta ligazón
KDE tamén en Australia
Unha escola de secundaria en Melbourne (Australia) está a empregar KDE sobre Ubuntu coa súa propia ferramenta de configuración de escritorio, Kiosk tool . O desenvolvemento dun novo modo de configuración permitiu á escola de secundaria Westall reducir custos, un maior control das medidas de seguridade e ampliar a vida de ordenadores anticuados e previamente abandonados sen repercutir no funcionamento do software
