Pandora FMS é un software de Código Aberto para monitorizar e medir todo tipo de elementos: sistemas, aplicacións ou dispositivos. Asemade esta aplicación permite saber o estado de cada elemento deses sistemas ao longo do tempo.
O novo paquete de Pandora ten como unha das súas principais melloras a introdución da internacionalización/localización con gettext, que facilita en gran medida o labor dos tradutores.
Para facilitar a súa tradución importáronse as anteriores traducións en diferentes idiomas e subíronse a Rosetta, co propósito de que calquera tradutor novel ou experimentado para poder chegar ao maior número de persoas.
A versión en galego do sistema de monitorización libre Pandora FMS existe xa dende o ano 2007, cando grazas a un chamamento similar ao agora anunciado, Santiago Rodríguez Collazo asumiu ao traballo de tradución, que Carlos Grela González revisou.
Fonte da nova: Barrapunto

