Os desenvolvedores de KDE España fan un chamamento a toda a comunidade de usuarios e desenvolvedores amantes de KDE para a organización da Akademy-es 2008. A petición de propostas de ubicación lanzada dende a web oficial do proxecto especifica a necesidade de “axuda dun grupo/asociación que poida axudar a organizar o evento na súa Universidade/cidade/grupo de usuarios, etc”.Os datos precisos son:
- Localización: datos concretos do sitio. Un sitio onde haxa internet e poidan darse charlas de libre acceso.
- Que institución ou organismos o promoven ou colaborarían.
- Estimación de persoas colaborando na organización do evento.
- Propostas de hospedaxe alcanzable para todo aquel interesado en acudir desde outras cidades.
- Como se pode chegar ao sitio via avión, tren, bus, … Asi como distancia do lugar do evento á hospedaxe.
- Se existe a posibilidade de contar con subvencións proporcionadas por algunha institución para a organización do evento.
- Datas posibles nas que podería organizarse o evento. (suxerido Novembro) O evento debe ser en fin de semana.
