As aplicacións Pivot escríbense facendo uso da linguaxe de programación [[Java]] e unha especificación [[XML]] para Pivot podendo executarse como applets ou coma aplicacións de escritorio independentes (stand-alone).
Pivot foi implementado pensando nos desenvolvedores web que teñen experiencia con aplicacións Ajax usando HTML, CSS e javascript, ofertando na súa API un conxunto de componentes más ricos que os dispoñibles no propio estándar HTML. Pivot tamén é familiar para os desenvolvedores Swing, xa que tanto Swing coma Pivot están baseadas en Java2D e empregan unha arquitectura MVC. Sen embargo Pivot inclúe características adicionais que facilitan a construción de aplicacións gráficas máis facilmente, integración con servizos web, data binding, …
Dende a web do proxecto está dispoñible unha demo dos compoñentes que se poden empregar con Pivot. Para comezar a traballar con Pivot compre botarlle unha ollada ao seguinte titorial:
