Mancomún

II Xornadas de Software Libre en Vilalba

Martes, 17 Xuño 2008

Juan López Sánchez, profesor no IES Lois Peña Novo de Vilalba  infórmanos de que os vindeiros días 20 e 21 de xuño celebraranse as II Xornadas de Software Libre no seu instituto.

XSL2

O programa destas xornadas é o que segue:

Venres 20, 17:15 a 20:15 

  • Educación musical con SwL. Jose M. Campello – Conservatorio As Pontes
  • Robótica e SwL. Jose L. Álvarez – IES A Pinguela Monforte
  • Pizarra dixital e pizarra wii. Diego Vázquez – IES A Pinguela Monforte
  • Maquetación en SwL – SCRIBUS. Vicente Martínez de Cestafe – IES A Piringalla Lugo

Sábado 21, 10:00 a 14:00

  • Capacitación profesional en SwL. Roberto Brenlla – CTI TEGNIX
  • Voz ip con SwL: asterisk. José Limeres – Bora Telecom
  • Implantación dun sistema informático real con SwL. Carlos Carrión – Adega Rosalía de Castro
  • Ferramentas web 2.0 para a interacción social e empresarial. Pedro Silva – Blogaliza.org

Estas xornadas son de balde e abertas. Só debes inscribirte cumprimentado o formulario na web do IES.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal