Acaba de saír o Firefox 3 á rúa e desde Mancomún, dicir que os traballos de localización ao galego van moi avanzados e xa temos o 100% da interface traducida, polo que podemos ofrecervos un paquete de idioma ao galego para o Firefox 3 como adianto do que será a versión oficial do mesmo.
A continuación as instruccións de instalación e máis unha guía de todas as novas características do Firefox 3…
Instrucións de instalación do paquete de idioma ao galego para Firefox 3:
Para instalar o paquete de idioma do Firefox 3 en galego, primeiro hai que ter instalado o Firefox 3. Podedes descargalo no idioma que prefirades desde a seguinte ligazón:
http://www.mozilla-europe.org/pt/
Unha vez feito isto, procederemos a descargar o paquete de idioma desde a páxina http://mozilla.mancomun.org
Unha vez descargado, abrimos o Firefox 3 e arrastramos o paquete de idioma (.xpi) á ventá do Firefox. Iniciarase desta maneira un asistente que nos permitirá instalar a tradución ao galego.
Feito isto, haberá que reiniciar Firefox 3 e xa arrincaría en galego sempre e cando o idioma do noso sistema operativo estea en galego.
De non ser así, habería que engadir o seguinte parámetro á icona de execución do Firefox 3:
“-uilocale gl”
| Parámetro uilocale en Linux | Parámetro uilocale en Windows |
|
|
Outra información:
Guía de campo de Firefox 3, onde se recollen as novas características do mesmo:
http://www.dria.org/wordpress/archives/2008/06/12/655/
Os erros que atopedes no paquete de idioma, por favor, notificádeos ao seguinte enderezo de correo galician@mozdev.org para que os poidamos corrixir canto antes e envialos á Fundación Mozilla para que cando saia a versión oficial en galego xa estean solucionados.
Outras ligazóns de interese:


