Ao longo do día de hoxe, a partires das 19:00 sairá oficialmente o Firefox 3 e desde a Fundación Mozilla tentan conseguir un “récord mundial de descargas como o programa máis descargado en 24 horas“.
Mancomún, como coordinador da tradución ao galego das aplicacións de Mozilla tentará prover ao longo do día de hoxe o paquete de idioma galego para o mesmo. Estade atentos ao portal.
Para demostrar a cantidade de fans que ten o navegador, convocouse a todos eles a descargalo no que foi denominado como o “Download Day“.
Só para que nos fagamos unha pequena idea do que pode chegar a ser este Download Day, polo de agora xa se apuntaron a descargar o novo Firefox 3 máis dun millón e medio de persoas.
