Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.
A “Django Software Foundation”, con sede en Lawrence, é agora a propietaria da marca e da propiedade intelectual do framework de desenvolvemento web Django.
Django é un framework de desenvolvemento web de código aberto, escrito en Python, que cumpre o paradigma do Modelo Vista Controlador. Foi desenvolvido en orixe para xestionar varias páxinas orientadas a noticias do grupo World Company de Lawrence, Kansas, e foi liberada ao público baixo unha licenza BSD en xullo de 2005.
Coa fundación, Django poderá seguir o seu crecemento e dar soporte a pequenas e grandes empresas. Google xa inclúe soporte para Django na súa plataforma de aplicacións “Google App Engine”. As contribucións axudarán aos líderes do desenvolvemento do núcleo de Django, que están arredor de todo o mundo, a traballar para mellorar o framework.
Para ler máis sobre a fundación consultar as seguintes ligazóns:
