A Consellaría de Educación da Comunidade de Valencia organiza o III Congreso de SwL baixo o lema Software Libre na Educación.
Este congreso celebrarase na cidade de Alicante no vinveiro mes de novembro, tendo como obxectivo xeral dar continuidade aos postulados de integración do SwL nas TIC e na educación de anos anteriores.
Ademais, pretenden ser un foro de encontro e debate onde se contrasten experiencias de implantación de SwL nas diferentes comunidades autónomas no ámbito educativo.
Cabe destacar que aproveitarán este evento para presentar a nova versión da distribución Gnu/Linux LliureX e os seus diferentes perfís e amosar a transición do uso da distribución nos centros pilotos ao proceso de implantación en todos os centros públicos valencianos.
Os obxectivos principais que perseguen son:
- Presentar a nova versión de LliureX, o seu Modelo de Aula e as diferentes adaptacións (Infantil, Aulas de Música, Laboratorios de Idiomas e Bibliotecas).
- Compartir as experiencias de utilización de LliureX levadas a cabo nos centros docentes de Primaria e Secundaria.
- Mostrar a través de experiencias a integración das TIC como un recurso pedagóxico nas aulas dos centros de Educación Especial.
- Difundir experiencias sobre a elaboración de contidos educativos libres e temas asociados como licenzas, catalogación, etc.
- Utilización de ferramentas web 2.0 dispoñibles no portal educativo EscolaLliureX.
- Establecer e fomentar a colaboración entre as comunidades autónomas con distribución GNU/Linux propia.
- Analizar a dispoñibilidade de aplicacións educativas de SwL.
- Analizar o presente e o futuro do SwL na educación.
- Presentar diferentes iniciativas internacionais de utilización do SwL na educación.
