Mancomún

Pontedeume acolle unha charla sobre software libre e Galinux

Mércores, 10 Xuño 2009

Charla en PontedeumeA asociación cultural “Ateneo Eumés Fernán Martís” de Pontedeume organiza o vindeiro 19 de xuño unha charla coloquio sobre software libre en galego e, máis en detalle, sobre a súa exemplificación no sistema operativo libre e en galego desenvolvido por Mancomún, Galinux.

O relatorio será impartido polo activo membro do GGUL Amigus, José Manuel Campello, quen colaborará con esta iniciativa por mediación de Mancomún. O Centro de Referencia e Servizos de Software Libre, como elemento de cohesión dentro da comunidade galega de software libre, tenta poñer en contacto distintas entidades e organismos do mesmo ámbito xeográfico co propósito de xerar sinerxias para a promoción do software libre.

Segundo isto, ambas asociacións traballarán conxuntamente para achegar o software libre á poboación da comarca eumesa. En palabras do promotor do encontro, Antonio Allegue, “a idea é amosar a potencialidade de Galinux e do software libre en xeral como alternativa a sistemas máis custosos”
O acto celebrarase ás 20 horas no Centro de Maiores e estará aberto á participación de calquera persoa interesada. O asistentes recibirán un exemplar do Galinux.

Presentación [.pdf] | [.odp]

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal