Mancomún

Premio Antonio Pizzigati: 10.000$ para proxectos de Software Libre de interese público

Xoves, 21 Agosto 2008

Está aberto o prazo de nominacións para o premio “Antonio Pizzigati” da Fundación Tides para Software Libre de interese público. O prazo para nominar aos participantes remata o 1 de setembro. O premio ten unha dotación económica de 10.000$.

O anterior gañador deste premio foi Barry Warsaw, principal desenvolvedor da aplicación de xestión de roldas de correo GNU Mailman.

Ligazóns:

 

Máis información en:
http://www.pizzigatiprize.org/

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal