O pasado venres 18 celebrouse a fase final do “Premio Local do II Concurso Universitario de Software Libre na Universidade de Cádiz.
A fase final, celebrada no Salón de Actos da Escola Superior de Enxeñaría de Cádiz comezou ás 12:00 coas presentacións dos proxectos por parte dos autores e rematou sobre a 13:30 coa entrega dos premios por parte do rector Diego Sales.
Os estudantes e proxectos galardoados foron os seguintes:
- Premio ao mellor proxecto libre da Universidade de Cádiz no curso 2007-08 a Antonio García Domínguez polo seu proxecto XMLEye.
- “Accésit ao mellor proxecto libre da Comunidade da Universidade de Cádiz no curso 2007-08 a Alejandro Álvarez Ayllón polo seu proxecto Forja de Software.
- “Accésit ao mellor proxecto libre de xestión da Universidade de Cádiz no curso 2007-08” a David Vázquez Púa polo seu proxecto Pleim.
- “Accésit ao mellor proxecto libre educativo da Universidade de Cádiz no curso 2007-08” a Antonio García Alba polo seu proxecto Tutorial de libSDL para la programación de videojuegos.
