The Mana World é un [[MMORPG]] (Massive(ly) Multiplayer Online Role-Playing Games) cuns gráficos en 2D tipo Zelda, que pretende crear un longo e diverso mundo interactivo similar a Ragnarok Online. Dispoñible baixo GPL para as diferentes plataformas.
Atópase dispoñible a versión 0.0.24.1 deste xogo, nela corrixíronse algúns detalles que quedaron pendentes na versión anterior. Corrixíronse algúns erros, agora é posible limpar a ventá de conversa co comando /clear, e pódese utilizar o teclado para andar cara a outros personaxes.
