Mancomún

Curso de Follas de cálculo con OOo Calc en Pontevedra

Luns, 21 Abril 2008
http://www.mancomun.org/images/OpenOffice/calc.jpg O vindeiro día 23 de abril comeza o curso de “Folla de Cálculo I” organizado polo concello de Pontevedra en colaboración coa Rede de Dinamización da Sociedade da Información e Mancomún, Centro de Referencia e Servizos de Software Libre.
O curso terá unha duración de 15 horas, en horario de 18:00 a 21:00 e desenvolverase no Pazo da Cultura de Pontevedra.
 
Con esta actividade os participantes adquirirán un coñecemento básico das follas de cálculo en software libre que os poidan axudar, por exemplo, na regularización do proceso de gastos e ingresos dunha actividade económica.
 
Máis información: Rede de dinamización

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal