Mancomún

Unha fundación financia un mellor soporte para ODF na suite ofimática KOffice

Martes, 22 Abril 2008

http://www.mancomun.org/images/stories/koffice-logo.png A fundación holandesa NLnet ten como obxectivos financiar organizacións e xente que contribúa a unha sociedade da información máis aberta. Hai un tempo decidiron axudar ao proxecto KOffice de dúas maneiras: esponsorizar o deseño dun novo logo para KOffice e todas as súas aplicacións e financiar a mellora no soporte para ODF en KWord 2.0.

Sobre a mellora do soporte do novo estándar ODF, xa se comezou a implementación dunha suite de tests para a carga de textos en ODF de forma automática e polo de agora xa se detectou que algúns tests básicos fallan, como a carga de listas e espazos e bloques supérfluos; pero para os que xa hai en camiño unha serie de parches…

 

Sobre o novo logo dicir que non é un icono, senón o novo logo xeral da suite completa KOffice, xa que o logo actual era o logo do aplicativo Koshell (un arco da vella). E ademais deste logo tamén se presentaron os distintos logos para cada unha das aplicacións existentes na suite ofimática:

Logo antigo KOffice Logo novo de KOffice
 http://www.mancomun.org/images/stories/koffice-koshell.jpg
http://www.mancomun.org/images/stories/koffice-logo.png
O resto dos logotipos para KOffice pódense atopar na seguinte ligazón:
http://dot.kde.org/1208521131/
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal