Mancomún

Adobe disponse a lanzar un formato de código aberto para películas, chamado Cinema DNG

Martes, 22 Abril 2008
Os plans de Adobe baséanse nunha cooperación co formato DNG (Dixital Negative Specification) de arquivos para fotografías dixitais. DNG foi iniciado polas empresas Panavision, Silicon Imaging, Dalsa, Weisscam e ARRI, todas as cales participan activamente na industria cinematográfica.

No proxecto conxunto participan ademais o fabricante de software Iridas e o provedor de codecs CineForm. Actualmente, Adobe desenvolve as especificacións de formato, cuxa data de lanzamento será anunciada nos próximos días.

 

Fonte: Diarioti.org  

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal