Mancomún

Un proxecto do Google Summer Of Code pretende mellorar Translate Toolkit e Pootle

Martes, 22 Abril 2008

http://www.mancomun.org/images/stories/pootle.pngDentro dos proxectos do Google Summer Of Code deste ano, para a comunidade tradutora destaca o proxecto “Translate Toolkit & Pootle” que pretende mellorar as ferramentas de tradución “Translate Toolkit” e máis o “Pootle”.

O proxecto xa ten algunha tarefa asignada como “Effective user experience for Pootle” que pretende mellorar e estender as capacidades de Pootle ademais de mellorar e engadir novas características sempre coa finalidade de que sexa sinxelo de usar e provea unha experiencia de uso máis produtiva.

 

Na páxina de Translate Toolkit teñen un wiki cunha páxina para discutir e propoñer novas ideas e funcionalidades para Pootle. A páxina pode consultarse na seguinte ligazón:

http://translate.sourceforge.net/wiki/developers
/gsoc2008_ideas#general_improvements_feature_additions_to_pootle

Translate Toolkit é un conxunto de ferramentas que teñen como obxectivo integrar os sistemas de tradución baixo un estándar aberto de forma unificada. O software Pootle, en concreto, é unha interface web para traducir en liña (do estilo do Entrans de Mancomún). Do conxunto de ferramentas de Pootle, as máis interesantes forman parte do “Translate Toolkit” e dentro destas ferramentas de conversión e filtrado de ficheiros destacan as ferramentas de conversión entre os formato de Mozilla (.dtd e .properties) e OpenOffice.org (.sdf) a formato .PO.

Filtros de importación/exportación (algúns só nunha dirección) do Translate Toolkit:

 

Máis información de Translate Toolkit e Pootle na páxina do proxecto:
http://translate.sourceforge.net/wiki/toolkit/index

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal