A revista Sólo Programadores , Sun Microsystems Ibérica e a organización sen ánimo de lucro javaHispano organizan a segunda versión do torneo virtual de fútbol JavaCup onde cada equipo é unha clase Java que implementa unha interface predefinida.
Para crear un equipo o único que hai que indicar é que movementos queres que realice o teu equipo en cada situación, o cal é sinxelo grazas á API que expón aos equipos o software. O gañador do concurso recibirá 1500 €, o segundo clasificado 1000 €, o terceiro 500 € e o cuarto 250 €. Os gañadores do concurso anunciaranse no evento tecnolóxico OpenJavaDay, que se celebrará a finais de xuño en España, Madrid.
Fonte: javahispano.org
