OpenBravo e Ingres CAFE tamén recibiron a mención do xurado
Despois de ter acadado no ano 2007 o galardón á mellor solución de escritorio do LinuxWorld, Ubuntu revalida o seu triunfo por segunda vez consecutiva no ano 2008.
O xurado que decide o gañador é un grupo selecto de expertos en Software Libre, que estudan todas as distribucións de Linux e deciden cal é a mellor de todas. A distribución gañadora foi Ubuntu, coa súa versión Hardy Heron 8.04.
Ademais, concedéronse premios noutras categorías, entre as que destaca o galardón acadado por OpenBravo Network como mellor ferramenta de integración ou Ingres CAFE como mellor ferramenta de desenvolvemento.
Fonte: Linux Magazine Online
