Mancomún

Ubuntu lanza un concurso para a selección dun arquivo de son e de vídeo para o seu CD de instalación

Martes, 5 Agosto 2008

Desde hai xa moito tempo, Ubuntu inclúe por defecto no seu CD de instalación, determinados ficheiros multimedia para poñer nunha nova instalación de Ubuntu. Este contido sempre incluíu un ficheiro de son e un vídeo clip, cos formatos Ogg Vorbis e Theora.

Como un dos principios de Ubuntu é o software libre e máis a cultura libre, consideran que o seguinte CD de Ubuntu é unha boa oportunidade para amosar distintas creacións artísticas libres, poñéndoas xuntas nun CD que se distribuirá ao redor de todo mundo.

Para iso veñen de propoñer o concurso Ubuntu Free Culture Showcase

Para participar hai que ten en conta as seguintes indicacións:

  • O ficheiro non pode ser maior de 1MB para o son e 3MB para vídeo.
  • Poñer descargable o ficheiro desde internet, non enviar por correo-e.
  • Engadir unha entrada na táboa correspondente do Wiki [https://wiki.ubuntu.com/UbuntuFreeCultureShowcase]
  • A data final para enviar os traballos é o 4 de setembro de 2008.

Máis información en:
https://wiki.ubuntu.com/UbuntuFreeCultureShowcase

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal