Visto na páxina de GALPon:
Xa está dispoñible a última versión de GALPon MiniNo, na que ademais de corrixir erros incorpóranse importantes novidades:
- Instalador desde o arranque vivo e desde o propio GRUB para aquelas máquinas que non soporten o modo vivo
- Opcións de arranque de compromiso para máquinas con conflitos na gráfica
- Fondos de pantalla realizados por “Odo” mellorados
- Novas aplicacións como a xestión de dispositivos a través de mut2 (de orixe Puppy) o navegador “Midori” (aínda nunha beta moi primaria), ferramentas de rede de orixe Knoppix, etc…
Tendes máis información e acceso as descargas aquí:
http://minino.galpon.org
Agardamos que vos animedes a probala e a reportarnos erros e/ou suxerencias a minino@galpon.org
En Mancomún, estivemos probando a distribución e facendo algunhas capturas de pantalla da mesma…
Fonte da nova:
http://www.galpon.org/drupal/node/208





