Free Download Manager (FDM) é un xestor e acelerador de descargas para Windows distribuído baixo a licenza GPL. Con FDM podes aumentar a velocidade das túas descargas e retomar as descargas interrompidas. Ademais soporta os protocolos HTTP/HTTPS/FTP e agora tamén BitTorrent e a descarga de vídeos Flash dende sitios como Youtube, Google Video, etc…
Outra opción máis é o soporte para plugins, que permite ampliar as súas funcionalidades. Así, existe un plugin para que ao descargar un vídeo en Flash dende Youtube che permite gardalo noutro formato a través dun conversor de formatos…
Ligazóns de descarga:
Páxina do proxecto:
http://www.freedownloadmanager.org
