Mancomún

Xornada de Software Libre en Rianxo

Xoves, 28 Agosto 2008

O sábado 6 de setembro, a asociación “Rianxo sen cabos” xunto coa asociación AGNIX e o patrocinio do Concello de Rianxo organizan unhas Xornadas de novas tecnoloxías baseadas en Software Libre na Casa de Cultura “Cuartel vello” de Rianxo.

Os temas a tratar serán:

  • Achegamento ao Software Libre (Roberto Brenlla).
  • Blogaliza, how-to (Pedro Silva).
  • A importancia do uso de padróns (Claudio F. Filho).
  • Install Party” de sistemas baseados en GNU/Linux (Xavi Alonso e Álex González).
Ao remate das xornadas Rianxo sen cabos terá unha asemblea xeral onde se tratarán temas de interese para todos os seus integrantes.
 
O cartaz do programa pódese ver premendo en “Ler máis”…

 

Cartaz do evento:
http://www.mancomun.org/images/eventos/cartaz_rianxo.png

 

Fonte da nova:
http://rianxosencabos.es

http://brenlla.blogaliza.org

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal