OpenXava é un marco de traballo para desenvolver aplicacións web baseadas en bases de datos, como Ruby on Rails, pero OpenXava produce aplicacións J2EE / JavaEE estándars que poden ser despregadas en calquera servidor de aplicacións Java estándar (ou portal Java estándar).
O que fai a OpenXava diferente doutros marcos é:
- É rápido e fácil para desenvolver aplicacións orientadas a bases de datos.
- Está orientado a compoñentes de negocio no canto de MVC .
- Xera automaticamente a interface de usuario desde a definición dos compoñentes de negocio.
Por outra banda OpenXava permite a un programador Java novato comezar rapidamente a ser produtivo.
Algunhas das características son:
- Soporta calquera servidor de aplicacións (Tomcat, JBoss, WebSphere).
- Soporta JSR-168: Todos os módulos OpenXava tamén son portlets estándar.
- Mecanismo de persistencia: EJB3 JPA, Hibernate ou EJB2 CMP.
- Está probado cos portais: JetSpeed 2, WebSphere Portal, Liferay e Stringbeans.
- Fácil integración de informes feitos con JasperReports.
- Licenza LGPL. É posible desenvolver aplicacións comerciais con OpenXava.
- Todas as etiquetas e mensaxes están en varios idiomas
Sorceforge.net : http://sourceforge.net/projects/openxava/
Web oficial: OpenXava
