Mancomún

Nova versión do corrector ortográfico de galego do OpenOffice.org

Nova versión do corrector ortográfico de galego do OpenOffice.org

http://www.mancomun.org/images/stories/ooo-main-logo-2col-trans.gif Xa se pode descargar a nova versión do corrector ortográfico de galego para o OpenOffice.org. Esta nova versión é a 2.0 e inclúe un montón de melloras, entre elas cabe destacar:

  • Mellora drástica da velocidade de carga e de corrección, mediante o uso de características exclusivas do formato Hunspell de OpenOffice.org.
  • Corrixe máis palabras.
  • Revisáronse todos os erros detectados da primeira versión.
  • Ocupa a metade de espazo que a versión anterior sen reducir contidos.

O resultado como comprobaredes, é un corrector moi optimizado e que xa se pode descargar tanto desde a nosa páxina web, na sección de “Software Libre en Galego -> OpenOffice.org“, como desde os repositorios oficiais de OpenOffice.org, usando a opción do menú “Ficheiro -> Asistentes -> Instalar novos dicionarios”. As instrucións de instalación atópanse no Wiki e máis na páxina de descargas do OpenOffice.org.

Como sempre, poderedes enviarnos os erros que detectedes á páxina de discusión do corrector no noso Wiki, ou nos foros desta mesma web.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal