A Aula CeMIT organiza varios cursos formativos para os meses de novembro e decembro.
A Aula da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica da Xunta de Galicia (Rede CeMIT) do Concello de Ames organiza un curso sobre deseño vectorial con Inkscape. Dende o 6 ata o 29 de novembro terá lugar este curso, que se desenvolverá os luns e os mércores de 16:30 a 18:00 horas (de xeito online, a través de Youtube).

Esta formación busca que os participantes aprendan a manexarse co programa referente de software libre en materia de deseño vectorial. No curso ensinaranse as bases para facer todo tipo de carteis e logotipos. Configuración, opcións avanzadas de cada ferramenta, trucos e recursos… será o contido principal que se ofrecerá de balde para seguir dende a casa, mediante Youtube.
Ademais, continuarase ofrecendo o acceso libre á aula, que permanece aberta ao público de luns a venres, dende as 9:30 ata as 13:00 horas; e os martes e xoves tamén dende as 16:30 ata as 19:00 horas.
A inscrición aos cursos pódese facer chamando ao número de teléfono 682 373 753, escribindo ao enderezo electrónico cemit.ames@xunta.gal ou presencialmente, nas instalacións da aula (no primeiro andar da Casa daCultura de Bertamiráns).