Charla de introdución a Mesa por Igalia, na Industriosa

Martes, 24 Outubro 2023
Charla de introdución a Mesa por Igalia, na Industriosa

O vindeiro sábado 28 de outubro, de 11:30 a 13:30h, A Industriosa inaugurará o seu novo local (Avda. Gregorio Espino 38, entresollado 3), e contarán cunha charla a cargo dunha das empresas mais importantes a nivel mundial de desenvolvemento de software libre, a empresa galega Igalia.

Nesta charla impartida por Alejandro Piñeiro de Igalia, darase unha introdución a Mesa, librería open-source para o desenvolvemento de drivers gráficos. Explicarase a súa historia, os seus compoñentes máis importantes, que utilidades proporcionan aos desenvolvedores e unha lista de hardware ás que dan soporte. Finalmente explicarase o caso concreto do soporte proporcionado para as GPUs dos dispositivos da serie Raspberry Pi, centrándonos nas Raspberry Pi 4 e Raspberry Pi 5.

Cartel da Charla introducción a Mesa por Igalia, na Industriosa

Igalia é unha empresa galega, con sede na Coruña, especializada ens ervizos de consultoría, e que desenvolve solucións innovadoras de código aberto para un gran conxunto de plataformas de software e hardware. En Igalia traballan nas áreas máis interesantes do software de código aberto, incluídos navegadores, gráficos e multimedia.

E ademais, aproveitando a inauguración do novo local falarase das novidades da asociación, a 2ª Convocatoria de Proxectos A Industriosa, para fomentar a creatividade e a colaboración entre entusiastas das novas tecnoloxías usando software e hardware libre durante ao ano 2024.

Ademais A Industriosa será nodo de Fab Academy 2024, un programa de formación en Fabricación Dixital impartido por Neil Gershenfeld, director do MIT’s Center For Bits and Atoms, que por primeira vez poderase realizar en Vigo. Tedes toda a información en fabacademy.

A participación e gratuita, tedes máis información e rexistro en:
https://www.meetup.com/es-ES/aindustriosa/events/296854461/

Patrocinado por Xunta de Galicia e Amtega Axencia para a Modernización Tecnolóxica.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal