Diego Barreiro e Joaquín Solla, gañadores dos premios ao mellor proxecto universitario con licenza libre en 2023

Martes, 24 Outubro 2023
Diego Barreiro e Joaquín Solla, gañadores dos premios ao mellor proxecto universitario con licenza libre en 2023

O pasado venres 20 de outubro, tivo lugar no GaiásTech da Cidade da Cultura o acto de resolución da edición do 2023 do Premio ao mellor Proxecto Universitario con Licenza Libre, convocado polo Consorcio CIXUG, e que conta coa colaboración da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA).

Candidatos e xurado que asistiu á “Edición 2023 do Premio ao mellor Proxecto Universitario con Licenza Libre”

Candidatos e xurado que asistiu á “Edición 2023 do Premio ao mellor Proxecto Universitario con Licenza Libre”

Un total de 5 candidaturas acadaron esta fase final, que foron avaliadas polo xurado a través das súas diferentes presentacións, e nas que se tiveron en conta aspectos tales como o correcto licenciamento dos traballos, así como o uso dunha metodoloxía propia, e que caracteriza especialmente aos traballos en aberto.

Finalistas

Os cinco finalistas que alcanzaron a fase final da presente edición foron os seguintes:

– Diego Barreiro Pérez
– Joaquín Solla Vázquez
– Lucía Álvarez
– Daniel Boubeta
– José Ángel Pérez

Gañadores

Diego Barreiro, primeiro premio con “Análise e implementación dun sistema de xeración automática de horarios mediante intelixencia artificial”.

Diego Barreiro, primeiro premio con “Análise e implementación dun sistema de xeración automática de horarios mediante intelixencia artificial”.

O primeiro premio foi acadado por Diego Barreiro co proxecto “Análise e implementación dun sistema de xeración automática de horarios mediante intelixencia artificial”. O obxectivo deste Traballo é a creación dunha plataforma web interactiva que permita a xeración automática de horarios en función dun conxunto de preferencias e restricións.

Este recoñecemento conleva unha dotación económica de 1.500 euros, que son aportados polo CIXUG ao abeiro do convenio de colaboración asinado coa AMTEGA.

Joaquín Solla, segundo premio con “Simplex: aplicación móbil para a organización persoal”

Joaquín Solla, segundo premio con “Simplex: aplicación móbil para a organización persoal”

Por outra banda, entregouse un segundo premio a Joaquín Solla polo seu traballo “Simplex: aplicación móbil para a organización persoal”. Desenvolvemento dunha aplicación móbil para a organización persoal e a xestión do día a día.

Este segundo premio conta cunha dotación económica de 750 euros, que son achegados pola asociación GPUL, entidade colaboradora desta iniciativa e tamén enmarcado no convenio de colaboración asinado coa AMTEGA.

Público que asistiu ao premio

Público que asistiu ao premio

O CIXUG convoca este premio dentro das actividades incluídas dentro do convenio de colaboración coa AMTEGA, e no que se pretende a mellora dos mecanismos de formación e difusión do software libre no ecosistema universitario galego.

A colaboración de GPUL tamén forma parte das actividades realizadas ao abeiro do convenio de colaboración asinada coa Amtega para a promoción do software libre en Galicia.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal