A comunidade de LibreOffice presentou unha versión completamente renovada do seu sitio web de documentación oficial, coñecido como “Bookshelf” (biblioteca). O cambio non é só estético: tamén mellora a experiencia de quen busca axuda ou quere aprender a usar esta suite ofimática de software libre.

O responsable do rediseño foi de Juan José González, enxeñeiro de tecnoloxía web de The Document Foundation (TDF), a organización sen ánimo de lucro que mantén LibreOffice. Segundo explicou o propio González, a actualización forma parte dun esforzo máis amplo para unificar a identidade visual de todos os sitios do ecosistema LibreOffice. Ademais do novo aspecto, o portal incorpora agora unha biblioteca de compoñentes web propia, o que supón un avance significativo na infraestrutura técnica do proxecto.
Entre as novidades máis destacadas, o sitio ofrece agora resumos de cada guía dispoñible, xunto con opcións simplificadas para descargar os documentos ou consultarlos directamente en liña, sen necesidade de instalar nada.
Outro punto importante para a comunidade de software libre é que o código fonte do sitio está dispoñible publicamente no repositorio de TDF. Isto permite a calquera usuario, consultora, formador ou organización que utilice LibreOffice reproducir e poñer en marcha a plataforma no seu propio entorno.
Acceder á biblioteca é sinxelo: pódese facer directamente dende o propio programa LibreOffice, a través do menú “Axuda > Guías de usuario”, ou ben dende calquera navegador web visitando https://books.libreoffice.org.
Fonte: Artigo do Blog da Comunidade Hispana de LibreOffice, por Daniel A. Rodriguez: https://es.blog.documentfoundation.org/la-biblioteca-de-libreoffice-renueva-su-sitio-web/
