AMD publicará a tecnoloxía FSR 3 como código aberto

Mércores, 4 Outubro 2023
AMD publicará a tecnoloxía FSR 3 como código aberto

AMD anunciou a próxima publicación do código fonte baixo a licenza MIT de FSR 3. Esta é unha tecnoloxía de reescalado que destaca pola xeración de fotogramas novos e a mellora da taxa de fotogramas por segundo, mediante a interpolación de cadros e o fluxo óptico mellorado a partir de tecnoloxías de AMD.

Esquema de renderización de FSR 3

FSR é multilpataforma, podendo funcionar tanto en gráficas Radeon como GeForce, pero a partir duns requisitos mínimos da gráfica.

A empresa comentou que:
“AMD FidelityFX Super Resolution 3.0, do mesmo xeito que as versións anteriores de AMD FSR, estarán dispoñible pronto en GPUOpen cunha licenza MIT de código aberto permisiva. Se está interesado en avaliar AMD FSR 3 para o título do seu xogo, comuníquese co seu representante de AMD para solicitar acceso anticipado”.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal