#MesD Software Libre no GaiásTech

Luns, 9 Outubro 2023
#MesD Software Libre no GaiásTech

A Asociación Galega de Software Libre (AGASOL) está organizando no GaiásTech, unha serie de charlas protagonizadas por diferentes solucións de software libre e enfocadas a diferentes sectores empresariais coma o gandeiro, o agrario, o forestal o cultural e o comercial.

Charlas impartidas por profesionais de cada eido, onde falarase de que é o software libre, como tamén se porá a disposición dos asistentes a posibilidade de identificar posibles necesidades tecnolóxicas e formativas nas súas empresas.

#MesD Software Libre no GaiásTech

Programa de charlas

– 4 de outubro: #MesD Software Libre: Unha ferramenta para xestionar o departamento TI: GLPI e máis aló – Impartida por TICGAL

– 11 de outubro: Xestión da Fabricación co ERP Odoo – Impartida por Anubia Odoo

– 18 de outubro: Arduino para o mundo real: Ardupower Controller – Impartida por Strelia

– 25 de outubro: Charla impartida por Netxcloud

– 8 de novembro: Charla impartida por Muutech

– 15 de novembro: Charla impartida por Libreinnova

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal